Exteriores
O EDIFICIO
A Casa do Cuadrante ocupa unha parcela de 1.560 metros cadrados, cerrados por un muro de pedra e rodeados por un xardín, paradigma dos xardíns galegos de mediados do século XIX. O xardín apenas foi modificado e as ventás parecen gardar aínda a memoria daquel neno que soñaba historias ou que miraba cara fora querendo evadirse das leccións de latín que tanto aburrían. Nos arredores da casa, aínda se conservan construcións auxiliares, bancos, emparrados e escaleiras de pedra, que permiten asomarse polos muros exteriores.
O edificio ten forma de L e consta de dúas alturas. A planta baixa, cunha superficie de 234 metros cadrados, estivo ocupada por cuadras, almacéns e adega. Deste modo, trasladábase a calor dos animais á planta principal, de 259 metros cadrados, onde se atopaba a propia vivenda, á que se accedía desde o exterior a través de dous patíns, un na fachada pricipal e outro na horta. A edificación ten dúas renxías, na menor se atopaba a cociña e na maior as habitacións.
A porta de entrada á Casa-Museo Valle-Inclán está brasonada co escudo dos Peña e nas catro cuartelas tamén se poden ver os brasóns dos Valle e os Patiño. Uns signos claros da orixe nobre do edificio, pero que se combinan con outros elementos de carácter máis popular, que se poden apreciar na construción.
O XARDÍN
“Do fondo escuro do xardín, onde os grilos daban serenata, chegaban murmurios e aromas. O ventecillo xentil que os traía estremecía os arbustos, sen espertar os paxaros que durmían neles. A veces, a follaxe abríase rumoreando e penetraba o branco raio da lúa, que se quebraba nalgún asento de pedra, oculto ata entón en sombras clandestinas”.
Así evocaba Valle-Inclán nun dos contos da súa obra Xardín Umbrío a maxestosidade do xardín que rodeaba a casa dos seus avós, a Casa do Cuadrante. Aínda se conservan hoxe varios elementos da época, como os bancos de pedra e, especialmente, árbores de gran porte e singularidade.
Entre eles, destacan unha colección de antigas camelias (Camellia japonica e Camellia sasanqua), que recordaban a Valle-Inclán as mans da súa nai. Así pódese comprobar na ficción literaria de Mi hermana Antonia, de Xardín Umbrío:
“A miña nai era moi bela, branca e rubia, sempre vestida de seda, con guante negro nunha man, pola falta de dous dedos, e a outra, que era como unha camelia, toda cuberta de aneis. Esta foi sempre a que bicamos nos e a man coa que ela nos acariciaba”
Sen embargo, o exemplar por excelencia deste xardín, e que presenciou os cambios e a evolución daquel pequeño Valle inquieto cara o escritor universal da idade adulta, é a xigantesca e antiga magnolia (Magnolia grandiflora). É tal a súa importancia, que forma parte do propio escudo do Concello de Vilanova de Arousa, xunto coa Torre de Cálágo.
No xardín tamén se poden encontrar outras árbores como un tezo (Taxus baccata), ou unha Lagerstroemia indica, de procedencia australiana e de porte considerable, quizás das máis grandes de Galicia. Noutra parte do terreo que rodea a casa atópase un castaño (Castanea sativa) tamén de grandes dimensións.
O xardín da Casa-Museo Valle-Inclán utilízase en numerosas ocasións para o desenvolvemento de diferente tipo de actividades e actos. Precisamente no seu día utilizouse para a entrega de Insignias de Ouro e Brillantes da Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa.
OS PATÍNS
O acceso á primeira planta da Casa do Cuadrante podíase realizar a través dun dos dous patíns localizados tanto na fachada principal como no contraforte. O primeiro conta cun pequeno patín (ou patio de paso), complementado por un banco e unha balaustrada de cantería.
Máis destacado é o patín do contraforte, cunha soleira ou solaina. Tapado por unha prolongación do tellado e pechado por balaústres sinxelos de madeira, tornábase un espazo do máis funcional na vivenda. Precisamente Valle-Inclán menciona en Xardín Umbrío o patín como parte dos seus recordos de nenez:
“A miña avoa acababa de asomar no patín, arrastrando a súa perna gotosa e apoiada no brazo de Micaela la Galana”
Este amplo patín servía tanto para secar a roupa como as espigas e as fabas, ademais de para resgardarse da calor en verán e permitir desfrutar do sol durante o inverno. Tamén era punto de encontro para unha amena charla.