Roteiros valleinclanianos
Itinerario Valleinclaniano Urbano
A través deste percorrido podes seguir a vida e obra do creador do Esperpento a través de diferentes enclaves en Vilanova. O itinerario levarache por distintas capelas e igrexas, ademais de polas dúas Casas-Museo que te podes atopar na localidade.
Os principais puntos polos que discorre son a Capela da Encarnación; a Casa-Museo dos Irmáns Camba; a Torre de Cálago; a Igrexa de San Cibrán de Cálago; a Capela de San Mauro; a Casa do Cantillo; a Igrexa de A Pastoriza, e a Casa-Museo Valle-Inclán.
Itinerario
Localizada no antigo barrio de Vilamaior, esta capela é unha das máis antigas do municipio. Á hora de escribir as súas obras, Ramón María del Valle Inclán recreábase no seu pobo natal e, posiblemente, fixo algunha alusión a esta capela ou ben ao nome do barrio.
Esta edificación mariñeira con acceso exterior á planta alta, destinada no seu día a vivenda, foi a residencia dos irmáns Julio y Francisco Camba. Reconvertida hoxe en Casa-Museo, achega aos visitantes un repaso pola prolífica e destacada traxectoria de ambos escritores, con especial incidencia no caso de Julio Camba, considerado como o primeiro correspondente de prensa no estranxeiro de España.
Trátase do único vestixio que queda do mosteiro beneditino de San Cibrán de Cálago (s. VIII) e está localizado no alto do castro de Cálago. Valle-Inclán empregaba na súa obra Flor de Santidad o nome do mosteiro nas variedades Cibrán y Cidrán, e tamén en El embrujado onde nunha das súas anotacións escénicas un personaxe facíase chamar Remigio de Cálago.
A importancia desta parroquia na obra de Valle-Inclán ven dada polo uso das variantes máis populares do nome en obras como El embrujado. Nunha das súas anotacións escénicas apunta “chámase Remigio de Cálago”. Ademais, o escritor utilizou no Flor de Santidad as variantes de “Cidrán” e “Cibrán”.
A un lado do templo de San Cibrán atópanse as ruínas desta capela, de estilo románico. Destaca por albergar no seu interior restos pétreos da antiga igrexa do Mosteiro beneditino de San Cibrán de Cálago. Valle-Inclán fai referencia a esta antiga ermida en Flor de Santidad con respecto á romaría de San Mauro.
Coñecida como a Casa dos tres balcóns, foi o domicilio familiar de Valle-Inclán e vivenda na que o seu pai, Ramón del Valle Bermúdez, viviu coa súa segunda esposa, Dolores Peña, nai do escritor. Na actualidade, o inmoble atópase en desuso.
Localizada nun singular entorno arquitectónico, foi construída con pedra do antigo mosteiro beneditino de San Cibrán de Cálago. Esta igrexa de estilo neoclásico acolleu o bautismo de Valle-Inclán, días despois do seu nacemento, o 31 de outubro de 1866. Ademais, o entorno do “casco vello” conta con rúas cuxas denominacións posúen suxestivos nomes relacionados coa vida e obras de Valle-Inclán.
O punto final do percorrido é a Casa do Cuadrante, declarada Monumento Histórico Artístico de Carácter Nacional. Recoñecida como a casa natal de Ramón Mª del Valle-Inclán, ofrece un completo percorrido a través da vida e obra do literato.