O literato
Primeiros anos de vida
Ramón María del Valle-Inclán naceu o 28 de outubro de 1866 en Vilanova de Arousa (Pontevedra) como Ramón José Simón del Valle Peña. Era fillo do galeguista Ramón del Valle Bermúdez. Tivo sete irmáns, sendo o segundo dos catro fillos de Dolores de la Peña Montenegro Cardecid y Saco Bolaño, a súa nai.
Viviu en Vilanova ata os 24 anos, cursando por libre o Bacharelato en Pontevedra. En 1888, comeza a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, obrigado polo seu pai. É nesta época cando publica o seu primeiro relato, Babel, na revista Café con Gotas. Abandona a carreira cando falece o seu pai e viaxa a Madrid en 1890, onde colabora con varias publicacións como El Globo ou El Heraldo de Madrid.
En 1892 viaxa a Cuba e México, onde escribiría para El Universal e El Correo Español.
Regresa pronto a Pontevedra, onde escribe o seu primeiro libro, Femeninas, en Vilanova de Arousa, publicado en 1895. Ao ano seguinte trasládase a Madrid e realiza traducións para sustentarse economicamente.

Sociedade literaria madrileña
En Madrid comeza a facerse un nome nos faladoiros literarios e a chamar a atención polo seu aspecto extravagante.
Por motivo dunha discusión, acaecida no Café da Montaña en 1899 co seu amigo, o escritor Manuel Bueno, sufre un desafortunado bastonazo que lle incrusta o xemelgo no brazo esquerdo. Non fai caso da ferida ata o punto en que se gangrena e deben amputarllo.
A principios dese mesmo ano coñecera a Rubén Darío, con quen lle uniría unha estreita amizade e, a través dese encontro, poñeríanse en contacto coa corrente do Modernismo, que influíu na súa produción inicial. Comezaría entón unha época prolífica literariamente. Traba amizade con importantes personaxes da época das xeracións do 89’ e do 27’, como Unamuno, Manuel e Antonio Machado, Alejandro Sawa, Ricardo Baroja, Federico García Lorca, Max Aub, Miguel Hernández, e outros moitos.
Vida familiar e matrimonial
En 1907 cásase coa actriz Josefina Blanco y Tejerina, coa que tivo seis fillos: Concepción Luisa, Joaquín María, Carlos Luis, María de la Encarnación, Beatriz, Jaime Clemente e María Ana Antonia.
Con Josefina realiza dúas xiras por América do Sur coa compañía teatral María Guerrero. Na segunda, dará varias conferencias.
En 1913 volve a Galicia e fixa a súa residencia en Cambados, pero, trala morte do seu segundo fillo e tras realizar o Camiño de Santiago para purgar os seus pecados, abandona a vila mariñeira e vaise a vivir a A Pobra do Caramiñal, onde aluga a finca de La Merced, intentando alternar o seu quefacer literario coa explotación agrícola, que acaba por consumir todos os seus aforros.
Accede á Cátedra de Estética na Escola de Belas Artes de Madrid, pero antes dun ano renuncia ao cargo.

Tempo de guerras
En plena I Guerra Mundial, da o seu apoio ao exército aliado, visitando en varias ocasións a fronte bélica como correspondente de prensa de El Imparcial. Daquelas visitas ao campo de batalla xurdirá o libro La Medianoche. Visión estelar de un momento de guerra.
A comezos dos anos 20’, regresa a México invitado polo presidente da República, o seu amigo Álvaro Obregón. Alí se deixa subxugar polo espectáculo da Revolución, da cal xorde a idea do esperpento, e a prolífica época de Luces de Bohemia.
Regresa a España a finais do ano 1921 e comeza a escribir Tirano Banderas. En Madrid, contaxiado aínda do espírito revolucionario mexicano, os seus discursos e actos de protesta contra a ditadura do xeneral Primo de Rivera cústanlle unha breve estancia no cárcere.
Coa chegada da Segunda República preséntase ás eleccións polo Partido Radical de Alejandro Lerroux, pero non consegue o escano. Serán nesas datas cando comecen a intervilo cirurxicamente.
Últimos anos de vida
En 1932, Josefina divórciase del e os fillos pequenos quedan o seu cargo e o da súa fiel criada Benita.
É nomeado director do Museo de Aranjuez e Presidente do Ateneo de Madrid. Tamén o goberno da Segunda República noméao Conservador do Patrimonio Artístico Nacional, pero o seu enfrontamento co Ministerio correspondente a causa do abandono dos palacios e museos que estaban baixo a súa custodia e dirección levouno a dimitir estrepitosamente. En 1933 chaga a ser Director da Academia Española de Belas Artes en Roma.
Sen embargo, xa no ano 1935, decide coidar o seu cancro xa avanzado en Santiago de Compostela, sendo tratado polo seu amigo, o doutor García Sabell.
Falece o 5 de xaneiro de 1936 en Santiago de Compsotela, ás dúas da tarde e é enterrado ao día seguinte no cemiterio de Boisaca, na zona civil. Deixou dito que non quería mostras relixiosas no seu funeral. O día amenceu con vento, néboa e moita chuvia. Un can acompañou ao enterro. Un dos seus seguidores, vendo xa a caixa na terra, observou unha cruz presidindo a mesma. E fiel as súas últimas vontades, lanzouse a arrincala. A caixa quebrou e o cadáver de Don Ramón quedou o descuberto. Finalizaron o enterro apresuradamente e o pano do esperpento baixouse para Valle-Inclán.

Legado
Ramón Mª del Valle-Inclán foi o escritor que acadou xenuinamente a onda de fecundidade creativa que iluminou a renovación da literatura a principios do século XX; pero non resulta estraño, xa que era un home receptivo a todo aquelo transcendental que ocorrese no mundo. Con axuda da súa imaxinación creou un mundo no que a súa vida e a dos seus conxéneres puidera ter máis significado.
Valle-Inclán resulta unha figura complexa, que a medida que vivencia unha época convulsa, faise máis consciente de que o artista que leva no seu interior necesita loitas para expresar nas súas obras a realidade social ao seu ao redor.
Este destacado dramaturgo, novelista, poeta e estético da Xeración do 98’, que tanta influencia tivo na literatura española, segue permanecendo hoxe en día nun dos postos máis destacados das nosas Letras, xa que resultou ser un Artista de proporcións memorables.