Saltar ao contido

Casa Museo Valle Inclán

Rutas

Roteiros valleinclanianos

Itinerario Valleinclaniano Non Urbano

As igrexas e os seus patróns foron unha constante nas obras de Ramón Mª del Valle-Inclán. O itinerario Valleinclaniano Non Urbano ofréceche un percorrido pola vida do escritor vilanovés a través das referencias existentes nas súas creacións literarias.

Poderás seguir un singular roteiro polas paisaxes valleinclanianas que che levarán a descubrir distintos recunchos do municipio de Vilanova de Arousa a través dos seguintes puntos:

Itinerario

Igrexa de Santa María de Caleiro
Capela das Angustias
Capela de San Roque
Igrexa de San Miguel de Deiro
Capela de San Miguel (Pazo de Rúa Nova)
Igrexa de San Esteban de Tremoedo
Capela de Santa Marta
Capela de San Simón
Igrexa parroquial de San Juan de Baión
Igrexa de San Lorenzo de András
Igrexa de Santa María de Caleiro
Capela das Angustias
Capela de San Roque
Igrexa de San Miguel de Deiro
Capela de San Miguel (Pazo de Rúa Nova)
Igrexa de San Esteban de Tremoedo
Capela de Santa Marta
Capela de San Simón
Igrexa parroquial de San Juan de Baión
Igrexa de San Lorenzo de András

 

Capilla de Santa Maria do Caleiro

Pese ás diversas modificacións sufridas, esta igrexa aínda conserva un dos seus elementos máis singulares. Encostada ao corpo principal do edificio e datada do século XVI atópase a Capela do Cristo dos Crespo, que forma parte dunha paisaxe rural que Valle-Inclán describía cando se dirixía a Vilaxoán a recibir clases de Latín e Gramática e que menciona na súa obra La lámpara maravillosa.

Localizada no lugar de Ousensa (parroquia de Santa María de Caleiro), é unha construción sinxela coroada por unha cruz. Destaca un cruceiro no seu entorno, de carácter sobrio e basto no que se pode ver unha figura que podería ser o Apóstolo Santiago.

 

Capilla de San Roque

Encontrarala no lugar de San Roque do Monte (parroquia de San Miguel de Deiro). Ergueita a finais do século XVI por iniciativa dos irmáns Cores, destaca polo seu fermoso entorno. Nel se atopa a Casa de Pomares, unha casona rectangular con cuberta a catro augas e rodeado dunha muralla almenada cun hórreo tipo mahía.

 

Iglesia de San Miguel de Deiro

As referencias nas obras de Valle-Inclán a este enclave realízanse nos topónimos que aparecen en Sonata de Otoño. Trátase dunha construción dunha soa planta en cruz latina, que conta cun campanario de catro vanos e cuberto por unha cúpula octogonal.

 

Capilla de San Miguel

O pazo, datado do século XVI, destaca pola súa capela, do século XVIII, dedicada a San Miguel. O inmoble está moi vinculado á vida e obra de Valle-Inclán, xa que a súa familia paterna residiu neste pazo. Ademais, esta casa señorial e o seu entorno marcaron parte dos recordos de xuventude do autor e participaron na conformación do seu mundo estético en Romance de Lobos. Valle-Inclán baseouse nesta capela para describir a que aparece na obra teatral.

 

Iglesia de San Esteban

Datada do século XVI, destaca pola súa planta de cruz latina irregular. O seu campanario mostra forma de espadana, con dous vistosos corpos e dous vanos de diferente tamaño.

 

Capilla de Santa Marta

Pasando ao lugar de Baión, en Pontearnelas, atoparás esta capela de planta rectangular, cunha gran porta de entrada en arco de medio punto. Na contorna, verás a Ponte dos Padriños. Este paso sobre o río Umia foi unha importante vía de comunicación local e tamén se postulou como un punto para realizar ritos de fertilidade. Arnelas aparece como nome dun personaxe nas obras Comedias Bárbaras, Sonata de Otoño e El Marqués de Bradomín.

 

Capilla de San Simon

Datada de finais do século XVI, esta capela de planta rectangular e espadana en arco con cruz, destaca pola devoción que suscita. De feito, Ramón María del Valle-Inclán era devoto de San Simón pola súa romaría. Cando acudía a ela, aproveitaba para falar cos cegos que lle contaban historias e que utilizaba despois nas súas obras. Non en vano, unha noite despois dunha desas romarías, iniciou a composición El embrujado.

 

Iglesia de San Juan de Baion

A súa orixe hai que buscala no ano 1088, cando o rei Alfonso VI fixo unha doazón ao Mosteiro de San Martiño Pinario coa igrexa de San Juan de Boine e forma parte tamén da historia de Compostela.

Da súa época románica só se conserva a cabeceira rectangular, xa que a nave sufriu varias modificacións, con anexión de varias capelas e a torre (integrada no século XVIII). A contorna destaca pola magnífico paisaxe do Pazo Fontán e a súa finca, ademais da Casa Reitoral, un edificio do século XVI, con interesantes detalles construtivos e finca amurallada.

 

Iglesia de San Lorenzo de András

O itinerario finaliza neste edificio de planta rectangular, con espadana no centro del frontispicio, probablemente datado do século XVI. O topónimo András aparece nalgunhas obras de Valle-Inclán, como Romance de Lobos, Los cruzados de la causa, El embrujado e Divinas Palabras. Moi preto desta igrexa pódese ver o Monumento á Muller labrega.

Ir o contido Haz clic para escuchar el texto